domingo, 20 de maio de 2018

mércores, 25 de abril de 2018

Proxecto: "Cabaliños de mar"

As alumnas e alumnos de 1º estivemos traballando os cabaliños de mar e a súa forma de vida. Aprendemos unha chea de cousas e agora somos uns especialistas e descubrir, investigar...., en aprender de xeito divertivo e interesante.
Aquí tedes o noso traballo, facédelle unha visual!



Esperamos que vos guste!

xoves, 5 de abril de 2018

Visitamos Apípolis

As abellas son indispensables para a vida no noso planeta, debemos coidalas e protexelas!

luns, 5 de febreiro de 2018

Día da Paz na escola

O martes 30  celebramos xuntos no patio o Día da Paz cantando a versión en galego da canción de Roberto Carlos "Un millón de amigos".




Bicos a moreas!

domingo, 28 de xaneiro de 2018

xoves, 4 de xaneiro de 2018

Nadal 2017 na escola

Tócanos a nós! Ás rapazas e rapaces de Primaria, para que teñades un Bo Nadal e disfrutedes das nosas Panxoliñas. Ollade como o pasamos.


Agora teremos que pedirlle aos Reis de Oriente unha boa cámara de fotos e vídeo, para os grandes eventos, pois estas xa non dan máis de si.

Feliz Ano 2018

Bicos a moreas!


Que compre unha nova o Director!


luns, 11 de decembro de 2017

Encontro intercentros de Trompos

Este xoves 30 xuntáronse as escolas do Concello de Sanxenxo e coa participación dunha representación de alumnas e alumnos participaron na nos encontros de trompos. Unha vez máis con diferentes modalidades e premios que proporcionou a Concellería de Cultura e Educación de Sanxenxo, representada por Dona Paz Lago Martínez, á cal lle temos que agradecer o seu apoio e traballo en prol das nosas costumes e tradicións.

Grazas a todas e todos e ata o vindeiro campionato.



Bicos a moreas!

xoves, 23 de novembro de 2017

III Outono fotográfico

Unha vez máis recollemos as imaxes, a luz e as cores dunha estación moi fermosa na nosa terra. Milleiros de grazas a todas e todos por facer posible esta experiencia.





Bicos a moreas!