Bicos a moreas!
luns, 21 de marzo de 2016
mércores, 16 de marzo de 2016
Visita ao IES
Os alumnos e alumnas de 1º, 5º e 6º de
primaria fixemos unha visita ao noso futuro IES, co galo dunha exposición de
xogos tradicionais e xoguetes antiguos. O xogos dos nosos pais e nais, incluso
dos nosos avós e avoas. Unha mañá marabillosa!
Aquí tedes un documental feito polo IES.
Pero non rematou aquí a cousa, fomos con chaleques refractarios da Policiía Local e.......
Aquí tedes un documental feito polo IES.
Pero non rematou aquí a cousa, fomos con chaleques refractarios da Policiía Local e.......
domingo, 21 de febreiro de 2016
DESPEDIMOS A UNHA COMPAÑEIRA
Unha das nosas compañeiras, Naomi Altagracia Heredia Infante, deixou o noso centro no mes de xaneiro para marchar xunto coa súa irmá e a súa nai cara a Londres. Alí fará novos amigos pero todos esperamos que se lembre de nós e dos bos momentos que temos pasados xuntos.
Tamén esperamos que se poña pronto en contacto e que non se olvide de visitarnos! Que toda vaia moi ben para ti e a túa familia!
Un bico moi forte de toda a clase de 2ºA e da súa mestra.

mércores, 10 de febreiro de 2016
martes, 9 de febreiro de 2016
Entroido
ENTROIDO
Este ano no Entroido baseamos os nosos disfraces en poemas do autor homenaxeado nas Letras Galegas: MANUEL MARÍA.
Os alumnos de 2ºA traballamos sobre o poema "Dorna"e así nos disfrazamos:
Queremos compartir esta adaptación do poema:
Non
hai dorna como a miña
tan
xentil e tan lixeira.
Miña
dorna ben feitiña!
Miña
dorna mariñeira!
Miña
dorna destemida,
non
lle tremes ao trebón!
Que
valente! Que portento!
Que
potente embarcación!
Miña
dorna sempre avante,
atravesas
todo o mar.
Que
fermosa! Que elegante!
Que
ben sabes navegar!
Eres
leve coma o vento
e
compites cos baixeles.
Que
alegría! Que portento!
Sobes,
baixas, fas ronseles …!
Non
hai dorna como a miña
tan
xentil e tan lixeira.
Miña
dorna ben feitiña!
Miña
dorna mariñeira!
Miña
dorna que dialogas
con
estrelas máis remotas:
Como
corres! Como bogas!
Como
vences as gaivotas!
Miña
dorna sempre avante,
atravesas
todo o mar.
Que
fermosa! Que elegante!
QUE
BEN SABES NAVEGAR!
Para rematar, aquí podedes ver fotos da celebración.
luns, 8 de febreiro de 2016
Traballo de ciencias sobre as plantas
Na clase de 2ºA levamos a cabo un traballo sobre as plantas. Todos plantamos sementes de fabas, lentellas ou garavanzos e durante dúas semanas analizamos o seu crecemento.
As conclusións foron as seguintes:
As conclusións foron as seguintes:
- As lentellas xerminaron moi rapidamente.
- Os garavanzos foron as sementes que xerminaron máis lentamente.
- As lentellas creceron moi rápido, pero as súas plantas teñen menor tamaño cas das outras legumes.
- As fabas son as que teñen unha planta de maior tamaño.
- Os garavanzos creceron menos que as outras legumes.
FABAS
LENTELLAS
GARAVANZOS
Nesta imaxe podemos comparar o crecemento das tres legumes:
As primeiras son as lentellas, as do medio as fabas e as últimas os garavanzos.
Estas son as nosas plantas:
Estas son as nosas plantas:
Unha manchea de apertas pola paz
Con motivo da celebración do Día da Paz no noso centro, os alumnos e alumnas de 2ºA queren ofrecer a todos unha "manchea de apertas pola paz".
domingo, 31 de xaneiro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)