As alumnas e alumnos de 1º estivemos traballando os cabaliños de mar e a súa forma de vida. Aprendemos unha chea de cousas e agora somos uns especialistas e descubrir, investigar...., en aprender de xeito divertivo e interesante. Aquí tedes o noso traballo, facédelle unha visual!
Este xoves 30 xuntáronse as escolas do Concello de Sanxenxo e coa participación dunha representación de alumnas e alumnos participaron na nos encontros de trompos. Unha vez máis con diferentes modalidades e premios que proporcionou a Concellería de Cultura e Educación de Sanxenxo, representada por Dona Paz Lago Martínez, á cal lle temos que agradecer o seu apoio e traballo en prol das nosas costumes e tradicións.
Grazas a todas e todos e ata o vindeiro campionato.
Unha vez máis recollemos as imaxes, a luz e as cores dunha estación moi fermosa na nosa terra. Milleiros de grazas a todas e todos por facer posible esta experiencia.