Bicos a moreas!
venres, 22 de abril de 2016
domingo, 17 de abril de 2016
VISITA AO SALÓN DO LIBRO.
O venres, 15 de abril, os alumnos e alumnas de 1ºA e 2ºA visitamos o Salón do Libro de Pontevedra.
Tamén asistimos a unha representación da obra de teatro "El niño erizo".
Ao saír da sala coñecemos a Orbil, a mascota do Salón.
Poldo, o monitor, acompañounos na visita ao Salón, onde puidemos descubrir as fantásticas aventuras de Estravaganzza Pérez.
Primeiro visitamos a casa de Estravaganzza, que semellaba un pavo real.
Cando os seus pais marchan a unha longa expedición ela sígueos usando o plano que lle deixan.
Atopa tamén as instrución para construír un aparello voador impulsado polos seus catro amigos flamengos.
Emprendemos a viaxe! O noso primeiro destino é SELVÁTICA PROFUNDA. Pechamos os ollos para entrar ...
Estivemos tamén en NOCTURNIA, o País da Noite, onde estrañas criaturas moran nas tebras.
Logo pasamos ao OCÉANO VERDURA, unha zona chea de inmensas pradarías e campos de cultivo. Alí había plantas de tomates, chícharos, pementos e ... unha horta chea de cabazas.
Por último, estivemos no OCÉANO MÁRMORE, con frías augas e bloques de xeo.
Polo camiño tivemos tempo de:
- Facer un xogo de dominó na parede.
- Ver os traballos do colexios.
- E buscar moitos bichiños.
Que pensas deste cartel?
xoves, 14 de abril de 2016
APRENDENDO A SER DIRECTORES FINANCIEIROS.
O
mércores, 13 de abril, a nai de Pedro, Begoña, veu ao centro a
falarnos da súa profesión: Directora financieira.
Contounos que tiña traballado no “Hotel Galatea”.
Explicaonos
moitas cousas:
- Os estudos que tiña realizado.
- Onde desempeñaba o seu traballo.
- As ferramentas que precisaba.
- En que consistía o seu traballo.
- Os documentos imprescindibles. Todos fixemos facturas!
Logo todos eleximos a sortes unha profesión dentro de hotel. Pagáronnos o soldo dese día. Pero non puidemos quedarnos con todo, xa que tiñamos que pagar os impostos.
Foi
moi divertido.
Damos
ás grazas a Begoña por vir á nosa clase a falar da súa profesión!
mércores, 6 de abril de 2016
DESEÑANDO UN NOVO XARDÍN
Os alumnos de 2º curso estamos a traballar o tema das profesións na área de Ciencias sociais.
Hoxe a nai de Noel, un alumno de 2ºB, veu ao centro a falar sobre a súa profesión: técnica paisaxista.
Con ela plantamos no patio: margaridas, verbena e unha cerdeira.
Entre ela e o seu fillo tiñan feito con material de refugallo unha eiruga moi colorida; puxémoslle o nome de Priscila.
Gustounos moito esta actividade. Grazas á nai de Noé!
APRENDENDO EDUCACIÓN VIARIA
COA POLICÍA LOCAL
De novo, a Policia Local do concello organizou as actividades de educación viaria no centro. Os policías Abelardo e Manolo, xunto co "Poli Paco", ensináronnos moitas cousas importantes para saber circular como peóns e como conductores (de bicicleta, claro!).
Vimos vídeos e cantamos cancións.
Nacho demostrou como un ovo con casco non se rompe despois dunha caída "de altura".
No pavillón fixemos a práctica con bicicletas, seguindo o circuíto alí montado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)