VISITA AO SALÓN DO LIBRO.
O venres, 15 de abril, os alumnos e alumnas de 1ºA e 2ºA visitamos o Salón do Libro de Pontevedra.
Tamén asistimos a unha representación da obra de teatro "El niño erizo".
Ao saír da sala coñecemos a Orbil, a mascota do Salón.
Poldo, o monitor, acompañounos na visita ao Salón, onde puidemos descubrir as fantásticas aventuras de Estravaganzza Pérez.
Primeiro visitamos a casa de Estravaganzza, que semellaba un pavo real.
Cando os seus pais marchan a unha longa expedición ela sígueos usando o plano que lle deixan.
Atopa tamén as instrución para construír un aparello voador impulsado polos seus catro amigos flamengos.
Emprendemos a viaxe! O noso primeiro destino é SELVÁTICA PROFUNDA. Pechamos os ollos para entrar ...
Estivemos tamén en NOCTURNIA, o País da Noite, onde estrañas criaturas moran nas tebras.
Logo pasamos ao OCÉANO VERDURA, unha zona chea de inmensas pradarías e campos de cultivo. Alí había plantas de tomates, chícharos, pementos e ... unha horta chea de cabazas.
Por último, estivemos no OCÉANO MÁRMORE, con frías augas e bloques de xeo.
Polo camiño tivemos tempo de:
- Facer un xogo de dominó na parede.
- Ver os traballos do colexios.
- E buscar moitos bichiños.
Que pensas deste cartel?
Ningún comentario:
Publicar un comentario