venres, 18 de decembro de 2015

Bo Nadal

CELEBRANDO O NADAL

     O venres, 18 de decembro, xuntámonos para celebrar o Nadal cantando panxoliñas.
       No vídeo, os alumnos e alumnas de 2ºA cantan e teatralizan unha versión da canción "Bailando arredor da árbore de Nadal". 
       Dedicámola especialmente ás mamis e aos papis. Esperamos que vos guste.

                                                       https://youtu.be/RM2YZPK_NmU 
                                         

                              BO NADAL PARA TODOS!!

                                                                     https://youtu.be/w8LGeqB1YCc                             




luns, 23 de novembro de 2015

HÁBITOS SAUDABLES

      Na clase de ciencias da natureza estamos vendo como coidar a nosa saúde; para iso temos que seguir uns hábitos saudables. 

       Aquí vos deixamos algunhas recomendacións que sería bo seguir para crecer sans e fortes.

luns, 16 de novembro de 2015

O MAGOSTO

         O venres, 13 de novembro, celebramos o magosto no colexio.
Primeiro fixemos xogos con castañas: carreiras de relevos, relevos con obstáculos, buscar a castaña, jockey con castañas, carreiras de zancos, encestar a castaña, quen colle máis castañas e baile con castañas.
   Foron moi divertidos. Xogamos, animamos aos compañeiros, celebramos os éxitos, rimos, compartimos bos momentos e pasámolo moi ben. 
   Logo, para repoñer forzas, comemos as castañas que tiña asado Vicente. 
    Hai quen dixo que aquelo era "o mellor" da festa.

    Neste vídeo podes vernos xogar.




SAMAÍN

                  Para celebrar o Samaín fixemos coas nosas familias unhas fantásticas cabazas. Daban moito medo! As puxemos na exposición do colexio para que todos as visen.
             
             Na clase de plástica fixemos Jack-o-lanterns con cartolina laranxa. Tamén fixemos máscaras de Samaín.






          O día da festas disfrazámonos.



 Un compañeiro, Nacho, invitounos a unhas pastas monstruosas. Estaban moi ricas!














                   Despois tivemos unha festa no pavillón cos nosos compañeiros. Cantamos e bailamos e pasámolo moi ben!








Aquí podes ver as nosas cabazas e os nosos disfraces para a festa.

CHEGA O OUTONO

                  Chegou o outono. Recollemos ourizos e na clase sacamos as             castañas.                       
            Hai que ter moito coidado!             Mira que forma máis orixinal teñen as follas dos castiñeiros!



                    Para celebrar esta estación aprendemos uns poemas para recitalos na clase. Aquí podes velos, escritos e ilustrados polos alumnos.









mércores, 4 de novembro de 2015

Samaín 2015

Samaín 2015 e Ce Pantasma

Celebramos o Samaín na escola e veu a acompañarnos Ce Pantasma, cantamos e bailamos, incluso os pais e os avós. E para rematar cantamos a cantiga da Rianxeira todas e todos.




Ata a próxima e xa sabedes o noso lema: 
Bicos a moreas!

venres, 30 de outubro de 2015

Contos de medo!

O xoves 29 celebramos o Samaín na escola e baixaron os maiores de 6º a contarnos os seus contos. 











mércores, 28 de outubro de 2015

Benvid@s ao blog do primeiro ciclo!

Ola a todas e todos, a partir de agora temos un novo medio de comunicación no ciclo, neste blog colgaremos fotos e vídeos nosos.

Ata pronto