domingo, 17 de abril de 2016

VISITA AO SALÓN DO LIBRO.

           O venres, 15 de abril, os alumnos e alumnas de 1ºA e 2ºA visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. 

          Tamén asistimos a unha representación da obra de teatro "El niño erizo".


                Ao saír da sala coñecemos a Orbil, a mascota do Salón.

        Poldo, o monitor, acompañounos na visita ao Salón, onde puidemos descubrir as fantásticas aventuras de Estravaganzza Pérez.

                Primeiro visitamos a casa de Estravaganzza, que semellaba un pavo real.


                    Cando os seus pais marchan a unha longa expedición ela sígueos usando o plano que lle deixan.

                        Atopa tamén as instrución para construír un aparello voador impulsado polos seus catro amigos flamengos.


                 Emprendemos a viaxe! O noso primeiro destino é SELVÁTICA PROFUNDA. Pechamos os ollos para entrar ...


                 Estivemos tamén en NOCTURNIA, o País da Noite, onde estrañas criaturas moran nas tebras.

       Logo pasamos ao OCÉANO VERDURA, unha zona chea de inmensas pradarías e campos de cultivo. Alí había plantas de tomates, chícharos, pementos e ... unha horta chea de cabazas.


          Por último, estivemos no OCÉANO MÁRMORE, con frías augas e bloques de xeo.


     Polo camiño tivemos tempo de:

  • Facer un xogo de dominó na parede.
  • Ver os traballos do colexios.

  • E buscar moitos bichiños.
Que pensas deste cartel?


xoves, 14 de abril de 2016

APRENDENDO A SER DIRECTORES FINANCIEIROS.

     O mércores, 13 de abril, a nai de Pedro, Begoña, veu ao centro a falarnos da súa profesión: Directora financieira.

        Contounos que tiña traballado no “Hotel Galatea”.

        Explicaonos moitas cousas:
  • Os estudos que tiña realizado.
  • Onde desempeñaba o seu traballo.
  • As ferramentas que precisaba.
  • En que consistía o seu traballo.
  • Os documentos imprescindibles. Todos fixemos facturas!

       Logo todos eleximos a sortes unha profesión dentro de hotel. Pagáronnos o soldo dese día. Pero non puidemos quedarnos con todo, xa que tiñamos que pagar os impostos.

Foi moi divertido.

     Damos ás grazas a Begoña por vir á nosa clase a falar da súa profesión!




mércores, 6 de abril de 2016

DESEÑANDO UN NOVO XARDÍN

       Os alumnos de 2º curso estamos a traballar o tema das profesións na área de Ciencias sociais.

      Hoxe a nai de Noel, un alumno de 2ºB, veu ao centro a falar sobre a súa profesión: técnica paisaxista. 


         Con ela plantamos no patio: margaridas, verbena e unha cerdeira. 

         Entre ela e o seu fillo tiñan feito con material de refugallo unha eiruga moi colorida; puxémoslle o nome de Priscila. 








                     Gustounos moito esta actividade. Grazas á nai de Noé!


APRENDENDO EDUCACIÓN VIARIA 

COA POLICÍA LOCAL



             De novo, a Policia Local do concello organizou as actividades de educación viaria no centro. Os policías Abelardo e Manolo, xunto co "Poli Paco", ensináronnos moitas cousas importantes para saber circular como peóns e como conductores (de bicicleta, claro!). 

            Vimos vídeos e cantamos cancións. 



               Nacho demostrou como un ovo con casco non se rompe despois dunha caída "de altura".

               

                  No pavillón fixemos a práctica con bicicletas, seguindo o circuíto alí montado.