domingo, 21 de febreiro de 2016

DESPEDIMOS A UNHA COMPAÑEIRA

              Unha das nosas compañeiras, Naomi Altagracia Heredia Infante, deixou o noso centro no mes de xaneiro para marchar xunto coa súa irmá e a súa nai cara a Londres. Alí fará novos amigos pero todos esperamos que se lembre de nós e dos bos momentos que temos pasados xuntos.

              Tamén esperamos que se poña pronto en contacto e que non se olvide de visitarnos! Que toda vaia moi ben para ti e a túa familia!

              Un bico moi forte de toda a clase de 2ºA e da súa mestra.

Botarémoste de menos, Naomi on PhotoPeach  <iframe width="445" height="296" src="http://photopeach.com/embed/5hj925" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>


Botarémoste de menos, Naomi on PhotoPeach

martes, 9 de febreiro de 2016

Entroido


ENTROIDO

Este ano no Entroido baseamos os nosos disfraces en poemas do autor homenaxeado nas Letras Galegas: MANUEL MARÍA.
Os alumnos de 2ºA traballamos sobre o poema "Dorna"e así nos disfrazamos:




         Queremos compartir esta adaptación do poema:



Non hai dorna como a miña
tan xentil e tan lixeira.
Miña dorna ben feitiña!
Miña dorna mariñeira!

Miña dorna destemida,
non lle tremes ao trebón!
Que valente! Que portento!
Que potente embarcación!

Miña dorna sempre avante,
atravesas todo o mar.
Que fermosa! Que elegante!
Que ben sabes navegar!


Eres leve coma o vento
e compites cos baixeles.
Que alegría! Que portento!
Sobes, baixas, fas ronseles …!

Non hai dorna como a miña
tan xentil e tan lixeira.
Miña dorna ben feitiña!
Miña dorna mariñeira!

Miña dorna que dialogas
con estrelas máis remotas:
Como corres! Como bogas!
Como vences as gaivotas!

Miña dorna sempre avante,
atravesas todo o mar.
Que fermosa! Que elegante!
QUE BEN SABES NAVEGAR!

   Para rematar, aquí podedes ver fotos da celebración.


luns, 8 de febreiro de 2016

Traballo de ciencias sobre as plantas

        Na clase de 2ºA levamos a cabo un traballo sobre as plantas. Todos plantamos sementes de fabas, lentellas ou garavanzos e durante dúas semanas analizamos o seu crecemento.
       As conclusións foron as seguintes:
      
  1. As lentellas xerminaron moi rapidamente.
  2. Os garavanzos foron as sementes que xerminaron máis lentamente.
  3. As lentellas creceron moi rápido, pero as súas plantas teñen menor tamaño cas das outras legumes.
  4. As fabas son as que teñen unha planta de maior tamaño.
  5. Os garavanzos creceron menos que as outras legumes.
      Aquí podes ver algunhas das fotos que realizamos.


FABAS



LENTELLAS

GARAVANZOS


           Nesta imaxe podemos comparar o crecemento das tres legumes:



As primeiras son as lentellas, as do medio as fabas e as últimas os garavanzos.

Estas son as nosas plantas:






Unha manchea de apertas pola paz

       Con motivo da celebración do Día da Paz no noso centro, os alumnos e alumnas de 2ºA queren ofrecer a todos unha "manchea de apertas pola paz".