venres, 17 de abril de 2020

Os maios en cuarentena?

Nooon. Nós ímolo facer igual!

APETÉCEVOS CANTAR O MAIO?

Pois comezamos...


1.- Inventa unha copla con esta estructura 8 - 7a - 8- 7a.

2.- Agora toca cantar.
3.- Debedes comezar e rematar tocando as claves, culleres de pau, palmas...o ritmo que sempre faciamos no cole (ta - ta - titi - ta).
4. Grabade a vosa actuación e da montaxe encargámonos nós!
 

QUE VIVA O MAIO DA FLORIDA!!!

A data límite para entregar o vídeo será o luns 27 de abril.


Enviade o vídeo en horizontal e a letra da copla a: 

ceipafloridasanxenxo@gmail.com

Aquí vos deixamos un exemplo de como facelo! Hai unha copla e a base musical para que probedes vós!




Cando acabe a coarentena
moito imos disfrutar,

poderemos ir a praia
e todos xuntos xogar,

poderemos ir a paria 
e todos xuntos xogar.


Veña anímate a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario